| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Formación en Centros de Traballo

Page history last edited by aguado 13 years, 7 months ago


Información Xeral sobre a FCT

Un dos módulos da Formación Profesional Específica é o de Formación en Centros de Traballo (FCT), que consiste nun programa formativo (Actividades formativo-productivas), que o alumnado terá que cursar con carácter obrigatorio para a obtención do Título Profesional.

Realízase unha vez cursados os módulos correspondentes no centro educativo, e, no caso do Ciclo Superior de Administración de Sistemas informáticos, ten unha duración de 380 horas,  que resultan en 48 xornadas laborais de 8 horas.

As finalidades son: complementa-la adquisición polo alumnado da competencia profesional conseguida no centro educativo característica de cada título, comprende-la organización e características do sector correspondente, dispor das habilidades e actitudes necesarias para desempeña-las actividades profesionais relacionadas e avalia-los aspectos máis relevantes da competencia profesional adquirida polo alumnado.

Para o seu desenvolvemento asínanse convenios específicos de colaboración entre os centros educativos e as empresas, nos cales se inclúen aspectos tales como: relación de alumnos, programa formativo e informe valorativo do responsable do centro de traballo.

Asemade noméase un titor por parte do centro educativo e outro titor por parte da empresa para guiar e face-lo correspondente seguimento de cada alumno, sendo logo avaliado este módulo por parte do titor do centro educativo, utilizando como un dos instrumentos de avaliación o caderno do alumno.

O titor do centro educativo fará visitas periódicas de seguimento a cada alumno nos centros de traballo, e tamén recibirá ós alumnos no centro educativo, normalmente cada 15 días.

 

Lexislación

 

(Extractos da Resolución do 2 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica no curso 2004-2005. D.O.G. do 9 de xullo de 2004)

  • O profesor-titor do centro establecerá canles de comunicación coa persoa designada para realizar tarefas propias do titor ou da titora do centro de traballo que garantan o seguimento e avaliación do alumnado. Establecerá as visitas ós centros de traballo; en concreto un mínimo de dúas visitas de seguimento, á parte das previas de xestión, para observar directamente as actividades que o alumnado realiza nel e rexistrar o seu propio seguimento. Este calendario poderase completar mediante a programación, por parte do titor ou da titora docente, de cantas visitas ou mecanismos de contacto considere oportunos para o correcto seguimento do alumnado que desenvolve a FCT.
  • Reservarase unha xornada cada quincena (...) para a recepción do alumnado no centro educativo por parte do profesor-titor, realizando actividades de seguimento, asesoramento e apoio.
  • A avaliación da FCT será continua, é dicir, realizarase durante todo o proceso formativo correspondente.
  • A avaliación ten por obxecto determinar a competencia profesional, entendida como a habilidade para realizar papeis ou postos de traballo aos niveis requiridos do emprego.
  • Na avaliación deste módulo colaborará a persoa responsable designada por cada centro de traballo para o seguimento da formación do alumnado durante a estadía nel. Esta colaboración na avaliación expresarase mediante un informe valorativo da persoa responsable do centro de traballo (recollido no Plan Individualizado.odt). Se a FCT tivese lugar en varias empresas, solicitarase un informe de cada unha delas.
  • O instrumento de seguimento e avaliación do módulo de FCT será a carpeta de seguimento e avaliación da FCT, que se lle entregará ao alumno ou á alumna ao inicio da estadía formativa.
  • Cada alumno ou alumna reflectirá nas follas semanais as tarefas que desenvolve na empresa (Folla de Actividades.odt). Farao de xeito breve e doadamente identificable, destacando, de ser o caso, as dificultades que atopou na realización da actividade, as circunstancias que as motivaron e cantas observacións que a nivel profesional ou persoal considere oportunas. As follas semanais de seguimento de actividades do alumno ou da alumna serán supervisadas polo profesor-titor durante a xornada quincenal destinada á acción titorial no centro educativo, con todo o alumnado que estea durante ese período realizando a FCT na empresa.
  • Unha vez rematado o período previsto para o desenvolvemento da FCT, cubertas polo alumno ou a alumna as follas semanais de seguimento e asinada a carpeta de seguimento e avaliación de FCT polo titor ou a titora do centro de traballo, a secretaría do centro formalizará a dilixencia de pechamento para validar a documentación (...)
  • A relación entre o alumnado e o centro de traballo ou a entidade colaboradora, como consecuencia do convenio específico de colaboración para a realización das actividades do módulo profesional de FCT, non terá, en ningún caso, natureza xurídica laboral ou funcionarial, (...) o alumnado non poderá percibir retribución ningunha do centro de traballo pola súa actividade formativa.
  • A entidade colaboradora non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo (...)

  

Axudas para a FCT

 

O Alumnado de FCT pode solicitar unhas pequenas axudas en concepto de transporte. Para solicitalas será necesario asinar a solicitude e adxuntar unha fotocopia do DNI máis unha certificación bancaria (selada polo banco ou caixa) onde conste o nome e número de conta d@ alumn@.

 

Seguro durante a FCT

O alumnado de FCT conta coa cobertura de dúas pólizas contratadas pola Consellería de Educación: unha de accidentes e outra de responsabilidade civil.

Estes son os datos das pólizas de accidentes e de responsabilidade civil para o alumnado da FCT:

 

Compañía: ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS E REASEGUROS, S.A.

Número de póliza accidentes: 25025607

Número de póliza de responsabilidade civil: 25025589

Período: de 01/05/2009 - 30/04/2011

En caso de accidente, o alumnado accidentado pode ser atendido en calquera centro sanitario público ou privado (aínda que a aseguradora recomenda uns centros particulares). O asegurado deberá dar no centro sanitario o seu nome, apelidos, teléfono, nome da aseguradora, número de póliza e comunicar logo o accidente ao seu coordinador/a ou titor/a antes dos 7 días seguintes para que o centro redacte o informe correspondente e o envíe á Consellería de Educación.

 

Pódese consultar en: http://www.edu.xunta.es/fp

 

 

Documentos e plantillas:

 

 

Preguntas e respostas:

 

  1. ¿Pódese comezar a facer a FCT nun momento distinto de abril e outubro?

    As datas normais para comezar a FCT son abril, para os que rematan tódolos módulos nese mes, e outubro, para os que rematan no mes de xuño. Se por algún motivo se quixese comezar a FCT noutra data, poderíase facer, pero sería necesario atopar unha empresa adecuada na que o titor estivera dacordo, un profesor titor no centro que tamén estivera dacordo e por último habería que pedir autorización á Inspección Provincial.

  2. ¿Cómo se pode convalidar a FCT?

    A módulo da FCT pódese convalidar se se ten traballado polo menos un ano con contrato desenvolvendo actividades suficientemente relacionadas có ciclo. Nese caso cando o alumno rematara os módulos do ciclo, e en canto tivera traballado ese ano que se especifica, podería matricularse no módulo da FCT e solicitar a convalidación aportando a documentación oportuna.

  3. ¿Pódese facer a FCT no extranxeiro?

    Sí, pódese, a través de diferentes proxectos europeos.

 

Empresas

Directorio básico de empresas.

 

Historial Recente

 

Abril 2009

  • Carlos Pena Lijó: Procesados Pesqueros (A Pobra do Caramiñal)

 

Outubro 2009

  • Carlos Pérez Pérez: Coremain (Santiago de Compostela)
  • Alberto Figueira Vázquez: Era Dixital Consultoría (Palmeira)
  • Humberto Sanlés Domínguez. AVA Soluciones Tecnológicas (As Galanas)

 

Abril 2010

  • Rubén Suárez Sobrido: PC-Coste (Milladoiro)
  • Vanessa Rodríguez Vidal. Aldea Dixital (A Pobra do Caramiñal)
  • Roberto Videla Outeiral. AVA Soluciones Tecnológicas (As Galanas)
  • Marcos Franco Doval. Coremain (Santiago de Compostela)

 

Outubro 2010

  • Steven Rodríguez Pérez: Academia Enter (Boiro)
  • Iraima Yustí Mejías: Hospital comarcal de Barbanza (Oleiros-Ribeira)
  • Eloy Santamaría Fariña: (Eniac Informática?)

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.