Descripción:
Deseñar unha aplicación web que permita xestionar un Directorio de empresas. Estas poderán ofertar traballo a través da web e tamén solicitar alumnado en prácticas. O directorio de empresas é público, pero só os usuarios rexistrados (correo electrónico e contrasinal) poden acceder ás ofertas de traballo e solicitudes en prácticas. O administrador pode acceder a tódolos datos, editalos ou borralos, incluindo Usuarios, Empresas, Ofertas de Traballo e Solicitudes FCT.
Crear Base de Datos
Creamos a BD BolsaTraballo no servidor Mysql usando phpMyAdmin.
Diagrama Xeral de Módulos
Usuarios
Crear Táboa de Usuarios
Crear a táboa Usuarios que terá dous campos: o correo electrónico do usuario (CorreoE) que ademáis será a clave primaria da táboa, e o contrasinal (Contrasinal).
Xestion de Usuarios
Realizar un script PHP (UsuariosXestion.php) que acceda á BD e imprima un listado dos rexistros da táboa Usuarios. Ademáis incluirase unha columna adicional cun enlace para chamar ao script de borrar usuario (UsuarioBorrar.php), pasándolle como parámetro o correo electrónico do usuario a través da barra de direccións do navegador.
Borrar Usuario
Script (UsuarioBorrar.php) que acepta como parámetro GET, é dicir, a través da barra de direccións, o correo electrónico do usuario (CorreoE) que se desexa borrar, para así eliminalo da BD. Ao rematar con éxito redirixe á páxina de Xestión de Usuarios.
Alta de Usuario Novo
Realizar un formulario que solicite, para un usuario novo, o seu correo electrónico, e o contrasinal dúas veces para evitar confusións á hora de escribilo por teclado.
Realizar un script PHP que recolla eses datos e comprobe que o seguinte:
- Que o correo electrónico non estea en uso na BD
- Que os dous contrasinais coincidan e teñan unha lonxitude mínima de 6 caracteres.
Unha vez feitas estas comprobacións, se todas teñen éxito insertarase o usuario novo na BD, e en caso contrario amosarase a mensaxe de erro correspondente.
Identificación de Usuario
Formulario que permita ao usuario indicar o CorreoE e o Contrasinal e comprobe se ten permisos para acceder á aplicación.
Perfiles de Usuario
Táboa Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Nova Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Listado de Solicitudes de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Borrar Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Ficha Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Empresas
Táboa de Empresas
Táboa con datos de interese sobre as empresas.
Listado de Empresas
Listado dos rexistros da táboa empresas usando os campos, RazonSocial, Localidade e un tercer campo á elección. O usuario deberá poder ordear o listado por RazonSocial e Localidade, ascendente ou descendentemente.
Alta de Empresa Nova
Realizar un formulario que solicite os datos necesarios para insertar unha empresa nova na BD.
Realizar un script PHP que recolla eses datos e os inserte na BD.
Borrar Empresa (srperez)
Script que acepta un parámetro GET : cdEmpresa e que elimina o rexistro correspondente da BD ou amosa o un erro.
EmpresaBorrar.php
Ficha Empresa
Script que acepta un parámetro GET : cdEmpresa e que amosa no navegador toda a información da oferta.
EmpresaFicha.php
Ofertas de Traballo
Táboa OfertaTraballo
Definir os campos necesarios para rexistrar unha oferta de traballo e utilízaos para crear na BD a táboa OfertaTraballo tendo en conta o seguinte:
- Cada oferta de traballo terá un código numérico único que a identifique (cdOfertaTraballo)
- Unha oferta de traballo pode estar asignada ou non a unha única empresa da BD (cdEmpresa). No caso de non estar asignada a unha empresa é porque ésta é descoñecida (por exemplo cando nas ofertas só se publica un apartado de correos, un teléfono ou unha dirección de correo electrónico sen citar o nome da empresa)
- Cada oferta terá un título que a resuma nunha frase (Titulo) e unha descrición que explique en detalle as características da oferta (Descricion) , sendo ambas informacións obrigadas.
- Opcionalmente pódese indicar a fonte da información (Fonte) da oferta (periódico ou medio de comunicación, Servicio galego de Colocación, INEM, etc.).
- Por último deberase rexistrar tamén o momento (data e hora) no que se inserta a oferta (DataAlta).
Nova Oferta de Traballo
Script que inicialmente presenta un formulario para recoller os datos dunha nova oferta de traballo. Poderase seleccionar a empresa dende un control desplegable ou indicar se é descoñecida. Una vez enviado o formulario, o script realizará a inserción na BD e amosará a mensaxe correspondente.
Listado de Ofertas de Traballo (cplijo)
Script que xenera un listado das ofertas de traballo contidas na BD, incluíndo Título da oferta, Data e opcionalemente a Razón Social da empresa ofertante. Incluir a posibilidade de ordear o listado por algún campo.
OfertaListado.php
Ficha dunha Oferta de Traballo (cperez)
Script que acepta un parámetro GET : cdOfertaTraballo e que amosa no navegador toda a información da oferta.
OfertaFicha.php
Borrar Oferta de Traballo (hsdominguez)
Script que acepta un parámetro GET : cdOfertaTraballo e que elimina o rexistro correspondente da BD ou amosa o un erro.
OfertaBorrar.php
Solicitudes FCT
Táboa Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Nova Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Listado de Solicitudes de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Borrar Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Ficha Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)

Modelo Entidade Relación
Táboa Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Nova Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Listado de Solicitudes de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Borrar Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Ficha Solicitude de Alumnado en Prácticas (Módulo FCT)
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.