Deseñar e documentar unha rede utilizando os coñecementos adquiridos ao longo do módulo. Pódense levar a cabo algunha das seguintes ideas:
- Academia
- Cíber
- Pequena ou mediana empresa
- Asociación Cultural
- Rede Doméstica
- etc.
Iraima: Empresa de venta de golosinas
Vanessa: Rede Doméstica
Roberto: Asociación Cultural Aturuxo
Marcos: Cíber
1.- Requisitos
Neste apartado definirase a organización para a que se vai deseñar a rede, indicando todas necesidades que poida ter.
Requisitos mínimos:
- 2 estacións de traballo: con S.O.s Windows e Linux ou arranque dual
- 1 servidor con servizo de disco, de impresión
- Acceso a Internet
- Rede Wifi, PLC, etc.
- A que se adica a organización?
- Existe algún sistema informático actualmente?
- Se existe facer unha descrición do mesmo e dos usos que se lle dan.
- Necesidades do sistema informático que se implementará.
2.- Diagrama de Rede
Neste apartado crearase un diagrama de rede indicando todos os equipos, dispositivos, liñas de comunicación, etc. que formarán sistema informático da organización. Utilizaranse etiquetas para identificar aos equipos, servidor, impresora, dispositivos de rede, Internet, etc.
O diagrama irá acompañado dunha descrición en texto dos compoñentes do sistema informático e a súa distribución no espacio da organización.
2.1. Política de asignación de IP's
Posteriormente, farase outra versión do diagrama indicando a política de asignación de IP's, os parámetros TCP/IP, nomes de equipo e dispositivo, se existe un servidor DHCP, etc. Concretando máis:
- Cada equipo/dispositivo que o precise debe ter asignado un nome e unha configuración IP
- Os parámetros comúns (máscara, porta de enlace, servidores dns, etc.) pódense indicar unha única vez para todo o sistema para que o diagrama quede máis claro.
- Débese indicar o dispositivo que fará de servidor DHCP (se existe) así como o rango de direccións que proporcionará e os detalles de configuración que se consideren oportunos.
- Deberase elexir unha rede de área local privada para non entrar en conflicto con direccións de Internet.
- O diagrama deberá ir acompañado dunha descrición onde se xustifiquen todas as decisións tomadas, e se profundice no funcionamento e configuración da rede.
- Por que se elexiu esa dirección de rede? Cantas IP's se poden asignar?
- Con que criterio se asignan as direccións IPs?
- Por que uns equipos usan direccións IP estáticas e outros dinámicas?
- Se é o caso, que equipo fai de servidor DHCP? Que rango de direccións asigna?
- Tamén se acompañará o diagrama dun esquema ou lista da asignación de IP's (ou rangos de IP's).
3.- Hardware e Software
3.1. Hardware
Facer un listado detallado de tódolos componentes hardware do sistema informatico. Buscar por Internet equipos comerciais que poidan desempeñar esas funcións e elaborar un presuposto orientativo.
- Sistema de Cableado:
- metros cable, conectores,
- dispositivos de rede: hubs, switches, routers, puntos de acceso wifi
- Servidores
- Estacións de traballo
- Periféricos
3.2. Software
Facer un listado detallado de tódolos componentes software do sistema informático. Especificar o software que se executará en cada equipo. Buscar software comercial que poida desempeñar as funcións requeridas. No caso de que o software non sexa gratuito, anotar os prezos das licenzas de uso para acumulalo ao presuposto hardware.
En concreto, para cada equipo (servidores e estacións de traballo) haberá que definir o listado de software que precisa:
- S.O.s
- Software de aplicación
4.- Listado detallado de usuarios e grupos.
Tendo en conta o número e tipo de persoas (usuarios) que usarán o sistema informático, definirase o listado de contas de usuario e as súas características. Ex: administrador, empleado1, xerente, invitado, etc.
Definiranse tamén os grupos de usuarios que se utilizarán posteriormente para asignar permisos e dereitos.
5.- Servizo de Disco.
Detallarase o servizo de disco do sistema informático, tanto nos servidores, como nas estacións de traballo. Para cada equipo (ou tipo de equipo) indicarase:
- Lista e configuración dos discos e particións, tamaños, sistema de arquivos, etc.
- Lista de recursos compartidos, indicando uso, permisos de acceso e modificación por parte dos usuarios.
Copias de seguridade?
6.- Outros Servizos.
6.1. Servizo de Impresión
Detallar as impresoras que existen na organización, as súas características, e a súa configuración como recurso compartido para dar servizo aos usuarios da rede.
6.2. Servizo de Comunicacións.
Comentar o acceso que os usuarios terán a Internet e outras redes. Indicar se o acceso será libre ou controlado por un proxy ou algún outro software de xestión. Indicar se se van a abrir portos concretos e para qué aplicacións.
6.3. Servidor de Aplicacións (Intranet)
Servidor web Apache (+PHP)
Servidor de BD MySQL (+phpMyAdmin)
Aplicacións PHP-Mysql: Blog, Foros, etc
7.- Administración
Ferramentas de administración da rede:
Tarefas típicas de administración:
- Crear/Borrar usuarios
- Reinstalar equipos
8.- Instalación e configuración
Indicarase o procedemento para instalar e por en marcha o sistema informático descrito nos puntos anteriores. Facer unha lista das tarefas do proceso:
- Montar Sistema de Cableado
- ...
- Colocar equipos e dispositivos
- ...
- Instalar software
- Configurar
- Probas?
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.