| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Traballo

Page history last edited by aguado 12 years, 11 months ago


 

Empresas

 

Algunhas empresas relacionadas coa informática da comarca da Barbanza e arredores.

 

Ofertas de emprego

 

Neste artigo podedes atopar algunhas ofertas de traballo, aparecidas en prensa ou outros medios, que responden ao perfil do título de Técnico Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI).  

 

Cultura Emprendedora

Pequeno listado de recursos de interés para aqueles que desexen crear o seu propio posto de traballo a través dunha iniciativa emprendedora no sector das novas tecnoloxías en Galicia:

 

Concursos, Premios e Outras Axudas

  • FP Idea: Concurso que premia as mellores ideas empresariais. Orientado a alumnado de último curso de FP. Data límite última convocatoria: 30 abril 2010

  • FP Emprende: Programa que ofrece información, instalacións e servizos para crear unha empresa, nun dos viveiros de empresas dos centros educativos da Xunta.

     

 

 

 

Buscando Emprego

Ahí vai algún conselliño persoal se estades buscando choio:

  • Tómao en serio, buscar traballo é unha actividade que leva o seu tempo e que require adicarlle tanta atención como se realmente estiveras traballando. É cansado e pode ser frustrante ás veces, pero non hai que deixarse abatir, senón ser constante e aproveitar cada oportunidade para seguir formándose.

  • Fai o teu cv con detalle, inclúe unha foto. Teno actualizado. Redacta unha carta de presentación xeral, ou mellor, específica para cada traballo ou perfil que queiras amosar, etc.

  • Non te deixes impresionar polos coñecementos ou capacidades que se piden nalgunhas ofertas. Habitualmente describen un candidato ideal que non existe. Se cumpres algúns dos requisitos envía o currículum sen falta, en moitos casos os outros pódense adquirir co tempo e dedicación. Incluso podes adquirir coñecementos básicos a través de Internet de moito do que pidan, e por suposto, poñelo no currículum como que o aprendiches tí mesm@. Dende que consultes a oferta de emprego ata que chegue a entrevista podes ter tempo de facer un cursiño intensivo pola túa conta.

  • Tanto se traballas como se non, nunca deixes de seguir formándote. Ésta é unha actividade que continúa toda a vida e hai que ter a actitude axeitada. Require disciplina se o fas pola túa conta, pero tamén pódeste apuntar a cursiños se tes a oportunidade.

  • A movilidade é unha gran ventaxa. Se estás dispost@ a desplazarte e incluso mudarte a unha cidade distinta tes un maior campo de acción para a búsqueda de emprego, e terás novas experiencias.

  • Estudia as ofertas de emprego para coñecer as habilidades e coñecementos que se solicitan nelas e adica un tempo a formarte naquelas ás que máis che interese orientarte.

  • Estudia as empresas. Infórmate sobre aquelas ás que envías o currículum ou aquelas nas que che gustaría traballar para saber cómo e con qué traballan. Moitas delas teñen na súa web un apartado de emprego para deixar alí a túa solicitude. Non estaría mal que foras facendo un listado cós datos das empresas, indicando aquelas ás que mandaches o currículum e cando o fixeches por se máis adiante, con máis experiencia, decides voltar a mandalo.

  • Inscríbete en portais de búsqueda de emprego: infojobs, tecnoempleo, etc. (polo menos en dúas)

  • Consulta a prensa (páxinas laranxas dos domingos) e as bolsas de traballo que coñezas (servicio galego de colocación, inem, este blog etc.)

  • Cando teñas unha entrevista vai tranquil@, con seguridade en tí mesm@ e sabendo do teu gran potencial. E todo o demáis.

  • E de novo, tómao en serio, buscar traballo é un traballo duro, e tamén ten a súa técnica, se queres mellorar a túa atoparás moreas de información en Internet: cómo facer un currículum, cómo redactar a carta de presentación, cómo acudir a unha entrevista, etc.


Portais de Emprego

 

Outras ligazóns:

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.