Equipamento
- Equipos
- Equipo Mostrador
- 8 equipos DELL.
- 2 equipos ANPA Leliadoura
- Impresoras:
- HP Deskjet 1280 - Tinta A3 Cor
- Epson Stylus DX3800 - Tinta A4 Cor
- HP Laserjet 1100 - Láser A4 B/N
- Switch 100 conectado có CASI
- Proxector e pantalla de proxección
- 2 TVs
Correo Electrónico
bibliotecaleliadoura@gmail.com
O correo que se envíe á dirección biblioteca@leliadoura.com.es tamén se recibirá no mesmo buzón de Gmail.
Para ler e enviar correo dende esta dirección hai que conectarse a gmail.com.
Listas de Correo
equipobiblioteca@googlegroups.com
Lista privada para comunicación interna dos membros do Equipo da Biblioteca do IES Leliadoura
bibliotecaleliadoura@googlegroups.com
Lista pública para difusión das actividades dende a Biblioteca do IES Leliadoura.
Blog
Ou biblioteca.leliadoura.com.es
(Creado por aguado o 12 de abril de 2010.)
Breve Manual de Uso do Blog
Identificarse no blog
- Conectarse ao panel de administración seguindo algunha destas ligazóns:
- biblioteca.leliadoura.com.es/wp-admin
- bibliotecaleliadoura.wordpress.com/wp-admin
- Introducir o nome de usuario (bibliotecaleliadouraa) e o contrasinal
Publicar unha entrada
Unha vez identificad@ no blog seguir a seguinte ligazón: http://bibliotecaleliadoura.wordpress.com/wp-admin/post-new.php
Hai outros xeitos de acceder á mesma pantalla:
- Premendo en "Nova Entrada / New Post" na barra superior de menús dende o propio blog ou dende o panel de administración.
- Premendo en "Artigo->Engadir" dende o menú lateral esquerdo do panel de administración.
Unha vez na pantalla de engadir artigo pódense seguir os seguintes pasos:
- Escribir o título do artigo na caixa de texto superior.
- Redactar o corpo do artigo na caixa de texto grande. Veredes que hai unha barra de ferramentas con funcións de formato similares ás de calquera procesador de texto (Word, Open Office, etc.)
Para engadir ligazóns hai que seleccionar o texto que se quere ligar e premer no icono que representa unha cadea. Abrirase unha pequena fiestra onde pegar a dirección (URL) da páxina de destino da ligazón. Para que unha imaxe sexa unha ligazón o que hai que seleccionar é a imaxe. As ligazóns é algo moi importante e débense engadir as que se poidan para que @s lector@s poida ampliar información e seguir navegando, sendo ademáis así o artigo máis útil.
Para engadir imaxes ou vídeos (de Youtube principalmente) hai que premer no icono correspondente da outra barra de ferramentas onde di "Cargar/Inserir" e seguir as instruccións da fiestra emerxente.
- Clasificar a entrada/artigo na categoría que lle corresponda, por exemplo libros, novidade, vídeos, actividades, etc. Isto faise marcando ou desmarcando as casillas correspondentes na parte dereita da pantalla. Pódense marcar varias categorías e engadir categorías novas. Isto é importante para facilitar o acceso a antigas entradas do blog.
- Publicar a entrada premendo no botón azul "Publicar" situado na parte superior dereita da pantalla. Agardar ata que apareza a mensaxe amarela que indica que a entrada foi publicada.
Editar entradas
Unha vez identificad@ no blog seguir a seguinte ligazón: http://bibliotecaleliadoura.wordpress.com/wp-admin/edit.php
Hai outros xeitos de acceder á mesma pantalla:
- Premendo en "Artigo->Editar" dende o menú lateral esquerdo do panel de administración.
- Dende o propio blog, premendo, na cabeceira de cada entrada, na ligazón que di "editar" acompañada dun icono dun lápiz. (Isto depende da apariencia/tema elexida para o blog)
Unha vez na pantalla de editar artigos veremos un listado de todas as entradas do blog dende onde poderemos botalas ao lixo ou editalas con só premer no título da entrada correspondente.
Máis información?
Calendario
https://www.google.com/calendar
Outras Anotacións do autor para o manual
- Breve manual de uso
- Breve manual técnico
- Directrices para publicar
- Novidades: Cuberta/Carátula alineada á esquerda
- Título, Autor
- Descrición do libro
- Descrición do autor
- Material adicional
- Categorías, Enquisas, etc.
- Normas de uso dos ordenadores
- APAGALOS!! (e as luces tamén)
- Instruccións para realizar proxeccións.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.