| 
View
 

PAR - UD 8: Administración de routers

Page history last edited by aguado 11 years, 7 months ago

RA1: Reconoce a estrutura das redes de datos identificando os seus elementos e os seus principios de funcionamento.

RA2: Integra computadores e periféricos en redes con cables e sen fíos, e avalía o seu funcionamento e prestacións.
RA4: Administra as funcións básicas dun router establecendo opcións de configuración para a súa integración na rede.
RA5: Configura redes locais virtuais identificando o seu campo de aplicación.

 

OBXECTIVOS

  1. Describir o nivel de rede.
  2. Integrar routers en redes cableadas.
  3. Interpretar a información que proporcionan os leds do router.
  4. Identificar as etapas da secuencia de arranque do router.
  5. Utilizar distintos métodos para acceder ao modo de configuración do router.
  6. Utilizar os comandos para a configuración e administración básica do router.
  7. Identificar os arquivos que gardan a configuración do router e xestionalos mediante os comandos correspondentes.
  8. Configurar rutas estáticas.
  9. Utilizar os comandos proporcionados polo sistema operativo do router que permiten facer o seguemento de posibles incidencias.
  10. Configurar o router como servidor de direccións IP dinámicas.
  11. Describir as capacidades de filtrado de tráfico do router.
  12. Utilizar comandos para xestionar listas de control de acceso.
  13. Utilizar un router para interconectar diversas VLANs.

 

CONTIDOS

Conceptuais

  • Modelo TCP/IP. Nivel de rede.
  • Os routers nas LAN e nas WAN.
  • Compoñentes do router: indicadores leds, conexións externas, compoñentes internos...
  • Formas de conexión ao router para a súa configuración inicial.
  • Secuencia de arranque.
  • Comandos para configuración do router.
  • Comandos para administración do router.
  • Configuración do enrutamento estático.
  • Definición e ubicación de listas de control de acceso (ACLs).
  • Definición de enlaces troncais nos conmutadores e routers.

 

Procedimentais

  • Descrición das arquitecturas de rede e os niveis que as compoñen.
  • Configuración de routers en redes cableadas.
  • Utilización de diferentes métodos para acceder ao modo de configuración do router: cable de consola, sesión telnet, navegador...
  • Utilización dos comandos para a configuración e administración básica do router.
  • Salvagarda e restauración da configuración do router mediante os comandos correspondentes.
  • Configuración de rutas estáticas.
  • Utilización de comandos para o seguemento de incidencias e monitorización do estado do router.
  • Configuración do router como servidor de direccións IP dinámicas.
  • Configuración de filtros de tráfico do router.
  • Xestión de listas de control de acceso.
  • Configuración de PCs como routers.
  • Configuración de router para interconectar diversas VLANs.

 

Actitudinais

  • Interese pola exploración de solucións técnicas ante problemas que se presenten e tamén como elemento de mellora do proceso.
  • Actitude ordenada e metódica durante a realización das tarefas e perseverancia ante as dificultades.
  • Rigor nas tarefas de configuración e administración dun router.

 

MATERIAIS 

 

 

 

<- Voltar a Planificación e Administración de Redes

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.