| 
View
 

Antivirus

Page history last edited by aguado 14 years, 9 months ago

 

Ahí vai o consello dun amigo (http://www.ollosolucions.com/) con data 9 de setembro de 2010: 

 

"Na miña opinión non hai solución antivirus perfecta. Últimamente estou atopando diferentes equipos (todos con XP e non con Vista nin 7, todo hai que dicilo) con troyanos e rootkits realmente difíciles de detectar polo usuario, e máis difíciles de limpar.

Eu creo que o mellor é seguir certas recomendacións:

  • Pon un antivirus que non faga que o teu PC vaia máis lento do que o fai (non existe tal antivirus...): podese probar con calquera aínda de pago, pois todos teñen a súa versión gratuita de proba.
  • Non baixes nada raro, e se o fas comproba con ferramentas online tipo www.virustotal.com que non ten nada raro
  • Non uses Internet Explorer, QuickTime, Adobe Reader, Flash e a máquina virtual de JAVA se non os vas ter actualizados: recomendación de usar Google Chrome, e ter sempre actualizado á última versión sobre todo o Adobe Reader (aínda que a día de hoxe, coma case sempre, hai unha vulnerabilidade que está sendo explotada e non hai solución de Adobe: http://contagiodump.blogspot.com/2010/09/cve-david-leadbetters-one-point-lesson....) e Apple Quicktime (con outra vulnerabilidade por aí rulando...) como a máquina de execución de JAVA. Secunia ten unha ferramenta bastante útil para atopar vulnerabilidades nos PCs: http://secunia.com/vulnerability_scanning/personal/
  • Evidentemente actualiza o Windows



A día de hoxe creo que R debe de estar dando o F-Secure: http://www.f-secure.com/estore/esp/antivirus2011.html

Non podo dicir nada porque non o coñezo de usalo... Tampouco che podo dicir nada do prezo: 3*12=36 €. Anda polo que costan tódolos antivirus de pago ao ano. Eu non o pagaría, e ti tampouco deberías cando non o tes nin instalado.

Na propia web de R ven algo explicado: http://seguridade.mundo-r.com/gallego/instalacion.jsp Como ben dice por aí cando instales o programa (que podes baixar de http://descargas.mundo-r.com/ficha/1144406611437_es.html) vaiche pedir unha clave que terás de cando contrataches o servizo [infórmate no teléfono 900 825 925 para particulares ou no 1446 para empresas das promocións vixentes e próbao sen compromiso de permanencia]

No do caso de señores tucho e rebu tan soamente podo dicir que o uso do que sempre recomendo últimamente (o Microsoft Security Essentials) estaba vetado, porque facía que o CoD tardara moito en arrancar...

Lista de antivirus gratuitos máis típicos:



O caso de cada PC é particular así que o mellor é facer proba-erro e ver cal fai que o PC vaia menos mal.

Nos de pago a lista é máis extensa, pero o que ollosolucions monta a xente que o paga é o de Kaspersky, que en relación calidade-prezo é o mellor para o meu gusto. Iso ata que cambie de parecer, claro, que neste negocio como en todo non hai verdades perennes, que parece que é o que vos gusta."  

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.